Es unha desas persoas afortunadas que comparte a súa vida cun ou máis cans? Entón isto interésache!
Sabemos que che encanta ir co teu compañeiro a todos os sitios e, por sorte, en Ferrolterra son cada vez máis os establecementos pet friendly, pero para que cada vez teñamos máis lugares a onde ir co noso can é importante que cumpramos unhas normas básicas e que deixemos a mellor das nosas pegadas en cada lugar que visitemos.
É importante tamén ter presentes as necesidades do noso compañeiro: se imos facer unha escapada con el a Ferrolterra, hai que ter en conta que hai festas e romarías que se celebran ao longo de todo o ano, por iso convén informarse antes, sobre todo se o noso can lle ten medo á pirotecnia, para lle evitar unha tensión innecesaria.