O refuxio de animais de Mougá é un centro dedicado a acoller animais domésticos que precisan unha nova familia, un novo fogar. Dá servizo as 24 horas do día durante todo o ano para atender e recoller animais domésticos que están perdidos ou abandonados.
O refuxio está legalmente autorizado para a tramitación de adopcións. Podes consultar aquí os animais dispoñibles para adopción.
O seu equipo ten unha grande experiencia na xestión responsable de adopcións e fai todo o posible para lles axudar aos cans e aos gatos que chegan ao refuxio a que atopen a súa nova familia ideal canto antes.
Un exemplo dos máis de 200 cans e gatos que anualmente atopan un novo fogar é Duna, agora Hope, que vive feliz coa súa nova familia, quen non dubidou en adoptala a pesar de precisar unha cadeira para desprazarse como consecuencia dos malos tratos aos que se viu sometida.
Os municipios integrantes da mancomunidade de Ferrol (Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño) son plenamente conscientes da importancia da protección dos dereitos e do benestar dos animais, así como do papel fundamental das persoas na tenza responsable e na condena e persecución dos malos tratos e do abandono.
Se ves un animal deambulando sen a presenza dos seus titores, por favor, chama ao 112 ou á Policía local para que o refuxio o poida recoller.
Se se extraviou o teu compañeiro ou se desexas incrementar a familia mediante a adopción, podes poñerte en contacto co refuxio ou achegarte a visitalo nos horarios de atención ao público.
Cómo chegar ao Refuxio de Mougá
Horarios de visita: de luns a venres de 11:30 a 18:30 e os sábados de 10:00 a 14:30 (con cita previa)
Horario de atención telefónica: de luns a venres de 10:30 a 18:30 e os sábados de 10:00 a 14:30
Click aquí para obter a ruta de acceso en Googe Maps
+34 633 38 17 63
refuxio@ferrol.es
¿Máis info? Visita a web da Mancomunidade