Qué Facer?

Se se perde o teu compañeiro

 

Ante todo procura manter a calma. Se se asustou, é moi posible que estea preto de ti e que se escondese. Outra opción é que trate de regresar ao último lugar onde estivestes. Será de grande axuda se contas con alguén da túa confianza para estar nos dous sitios á vez.

Ten á man, e sempre operativos, os números de teléfono de contacto da súa placa de identificación e do microchip.

Sé todo o áxil que poidas. Corre a voz polos arredores. Leva a súa foto contigo, ensínaa e compártea. Cantas máis persoas o saiban, mellor.

O poder das redes sociais é incrible!

Presenta a denuncia da súa desaparición na Policía local ou na Garda Civil no prazo máximo de corenta e oito horas desde que notases a súa falta.

Para iso, necesitarás o número do seu microchip. Este paso é importante, xa que deste xeito poden velo mentres están de patrulla ou recibir algún aviso de alguén que o vise.

Avisa os veterinarios, as protectoras e o Refuxio de Mougá.

Facilítalles todos os datos que poidas. Indica o seu nome, descrición, número de microchip e, ademais, a data, a hora e o lugar no que se perdeu, e así poderán dicirche se se corresponde coas características dun animal que recollesen ou que lles entregasen.
Algunhas pólizas de seguros cobren os gastos orixinados pola busca, incluída a inserción de anuncios na prensa ou na radio.

Moito ánimo e xamais te rendas!

Lembra que a identificación con microchip, ademais de obrigatoria, é de grande axuda para facilitar o regreso á casa.

 

Se atopas un animal perdido ou abandonado

 

Iintenta suxeitalo sempre que che deixe e procura non perdelo nunca de vista, é posible que en breve apareza a súa familia.

No caso de que non permita que ninguén se achegue, é moi importante supervisalo en todo momento ata que cheguen a buscalo.

Non o leves para a casa! Chama ao 112 para que se poñan en contacto co seu titular ou para que dean a orde de que vaian recollelo.

Pode ser de grande axuda para atopar a súa familia que lle fagas unha foto e que a subas ás redes sociais.