Nesta web podes atopar información dos lugares onde serás benvido se vas na compañía do teu can. Se necesitas ampliar esta información, podes poñerte en contacto directamente cos establecementos ou municipios.
Na maioría das oficinas de turismo os cans son benvidos. Ten en conta que, excepto unha minoría, só abren en tempada alta.
Por agora, poderedes visitar xuntos o Museo Etnográfico Monte Caxado. Recomendan poñerse antes en contacto por se teñen prevista algunha presentación.
O pasaporte, con información das vacinas e das desparasitacións.
Non, por agora non é obrigatoria.
Só é obrigatoria a desparasitación interna.
O seguro de responsabilidade civil, neste momento e aquí en Galicia, só é obrigatorio para determinadas razas, aínda que é sempre recomendable telo. Ten en conta que, como titular, es responsable legal ante calquera dano ou afección que o teu can lles poida causar a outros animais, persoas ou cousas. Revisa as coberturas da túa póliza de fogar. É moi posible que xa teñas a responsabilidade civil do teu compañeiro canino incluída.
Cada vez son máis os lugares onde nos poden acompañar, pero non a todos. É importante preguntar sempre.
Si, en Ferrolterra temos praias caninas ás que poden ir todo o ano. Máis información aquí.
Non. Temos praias nas que poden gozar no verán fóra do horario de uso. Máis información aquí.
Si, á maioría das praias.
Debido á protección da píllara das dunas, unha ave que se atopa catalogada por Patrimonio Natural como especie vulnerable.
O acceso dun animal de compañía está condicionado ao criterio do titular do establecemento, xa sexa público ou privado.
Porén, se falamos de cans de asistencia é distinto. A lexislación en Galicia garántelle a toda persoa que deba ir acompañada dun can de asistencia o seu dereito a acceder, deambular e permanecer con el en calquera lugar, establecemento ou transporte de uso público, con independencia da súa titularidade pública ou privada.
Os dereitos «extraordinarios» dos cans de asistencia han de respectarse cando están a asistir o seu usuario. Se viaxas en compañía dun can de asistencia, lembra levar sempre contigo a documentación.
A lexislación deixa a criterio dos propietarios dos establecementos darlles a benvida ás persoas en compañía dos seus cans. Sempre é mellor preguntar e indicar se se vai ir cun só can ou con máis, o seu tamaño e se pertence a unha raza considerada potencialmente perigosa.
Algúns establecementos, por motivos de seguridade, teñen unha cota máxima de admisión de cans, tanto para garantir o seu propio benestar coma o doutros clientes.
Este contacto directo axuda a elixir as actividades ou establecementos máis adecuados aos nosos gustos e necesidades.
O acceso e as condicións de acceso defíneas o titular do establecemento e, se o considera, pode cobrar un suplemento, a condición de que se trate dun can de compañía. Os cans de asistencia están exentos de calquera tipo de suplemento.
En Ferrolterra temos un gran patrimonio natural. Pedir que os cans vaian con correa ten como fin favorecer o coidado das especies e do hábitat catalogados como de especial protección. É importante cumprir todas as indicacións para evitar que poidan chegar a prohibir o seu acceso.
Segundo a lexislación autonómica, considéranse cans potencialmente perigosos, ademais dos pertencentes a determinadas razas, os que polas súas características raciais poden ser aptos para o adestramento para a garda e defensa, os que tiveron algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou cousas, e tamén aqueles que manifesten un carácter marcadamente agresivo.
A lexislación autonómica cataloga como cans potencialmente perigosos os pertencentes ás seguintes razas: american stafforshire terrier, pit bull terrier, bullmastif, dobermann, dogo arxentino, dogo de Bordeus, dogo do Tíbet, fila brasileiro, mastín napolitano, presa canario, presa mallorquino (ca de bou), rottweiler, bull terrier, staffordshire bull terrier, tosa inu e akita inu.